mércores, 2 de outubro de 2019

Cambiamos de blog

Artistas con clase foi o espazo de encontro dos artistas-cineastas do curso 2016-2017. Se segues interesad@, terás que visitarnos, agora estamos no blog Cinema wabisabi

venres, 12 de maio de 2017

Berlanga no Instituto

Hoxe leín este artigo no xornal. Penso que no noso IES non temos ese problema, non?.

Leede, agora que xa rematamos o curso: ¿Por qué no se estudia a Berlanga en los colegios?

sábado, 1 de abril de 2017

Os Arquivos da Meiga.

Moi boas! Fago esta entrada para amosarvos rapidamente unha páxima moi interesante para os interesados en acceder a contido audiovisual en galego (longometraxes, series, música...).

 Trátase de Os Arquivos da Meiga. O rexistro non leva máis de 2 minutos e ten una cantidade de fíos cheos de doblaxes de pelis e series míticas e outras tantas galegas.
Veña, que vos preste.

luns, 27 de marzo de 2017

O ultimo sprint

Falta ben pouco para que remate o curso. Agora xa non teredes moito tempo libre para finalizar esta carreira de obstáculos que é segundo de bacharelato. Mais aviso, fáltavos aínda o peor, mais ou menos como nesta memorable e incrible carreira do grande Buster Keaton na obra mestra "Sete ocasións". E de paso memorizades ben un dos conceptos que poden caer na selectividade: Slapstick(slap (golpe ou labazada) e stick (pau),  un tipo de humor físico típico da comedia americana, especialmente exitosa no cinema mudo.

mércores, 22 de marzo de 2017

Bloquea a esos necios.

 Nadie pone en duda que el tema de la publicidad sea o no muy interesante y digno de estudio y no pretendo para nada hacer entender que mi punto de vista sobre esta sea el de que su mera existencia es despreciable ni mucho menos. Pero (y sí, hay un pero) tenemos que admitir que como consumidores de contenido multimedia en internet, cada vez más somos presas de los bombardeos de publicidad que sin compasión sumen nuestras existencias en tediosas luchas contra las tan odiadas ventanas emergentes ,confusos banners y todos los mensajes de jovencitas que desean ponerse en contacto con nosotros.




 Hoy os quiero presentar una herramienta para ayudar a usuarios habituales de internet a hacer su estancia en este mucho más placentera. Se trata de AdBlock lo que en ingles viene a significar "censor de publicidad". Este complemento de navegador te ayudará a hacer desaparecer todo tipo de anuncio que pueda ralentizar o entorpecer tu experiencia en un sitio web.


Instalarlo es muy sencillo y solo tienes que buscarlo en la tienda de extensiones de tu navegador habitual.

Pero todo poder conlleva una responsabilidad así que, por favor, ten en cuenta que muchos creadores de contenido en internet viven solo de la publicidad y usa esta herramienta (que se puede encender y apagar como si de un interruptor de la luz se tratase) con inteligencia y cuidado, recuerda que el poder es nuestro, e igual se nos va de las manos y dejamos sin comer a un pobre artista que vive de lo que le paga un anunciante, o peor todavía; igual se nos va de las manos y dejamos sin comer al pobre empresario anunciante que tendrá que vender todos sus yates para recuperar su bien merecido estatus...

luns, 20 de marzo de 2017

xoves, 23 de febreiro de 2017

"Paterson", deliciosa obra mestra

Para Carolina Sanmartín e a Eterna e bella distimia
Ao longo da miña vida teño visto moitas, moitas películas de toda clase e condición. A meirande parte delas responde a esquemas industriais, producidas baixo códigos que non se desvían moito do que denominamos cine mainstream, do que estamos a falar en clase nestes días no tema "De Griffith á Spielberg". Un, case sempre ten a sensación do "deja vu", con filmes predicíbeis, de rápido consumo e esquecemento inmediato. Sen embargo, hai días no que "algo" consigue racharnos o corazón e nos reconcilia co cinema como xeito de representación artística. Onte vin "Paterson", última creación dun dos meus directores de referencia, Jim Jarmusch.  Un director-músico-poeta que afirmaba que "prefería rodar unha película sobre un home que saca a pasear ao seu can que unha sobre o emperador da China". E resulta evidente que para calquera espectador alleo ao cinema, ou que viva só no binomio Hollywood-palomitas, débelle resultar moi aburrido ver como en moitos dos filmes de Jarmusch  "non pasa nada", o mesmo aburrimento e incomprensión dos que miran os cadros de Picasso, Van Gogh, Miró ou Matisse afirmando "que non saben pintar", porque entenden que a arte pictórica só e a pintura realista de Velázquez. Mais coma sempre, todo depende da mirada. "Hai mais luz da que entra pola ventana", que dicia Chejov.



"Paterson" é unha verdadeira ledicia, unha obra mestra marabillosa que irá crecendo na memoria segundo pase o tempo. Dentro de 30 anos ninguén lembrará "La La Land", mentres Paterson será un clásico. A película consigue que a beleza da realidade brille como un astro na espantosa repetición de vulgares buratos negros nos que se está a converter o cinema contemporáneo. Poesía en imaxes, Hipnótica e extraordinaria. Adopta en si mesma unha forma poética, non tanto na expresión visual como na súa estrutura narrativa. Así pois, non lle busquemos a historia o catalizador de apertura, puntos de xiro ou as pinzas do guión clásico, porque está nas antípodas do cine institucional e do cinema de palomitas. Como si fose un poema de sete estrofas, o filme amosa e vida diaria do protagonista, condutor de autobús e poeta, durante os sete días dunha semana. O ritmo interno -(iso que está prohibido dicir, "película lenta")- ven marcado pola cadencia da rutina; dentro dun mesmo patrón xeral repetitivo, como a música minimalista, que celebra a beleza da realidade, da observación calmada das pequenas cousas, que ao final son as máis fermosas e extraordinarias. As pausas, os tempos mortos, o reloxo, o can malencarado, unha conversa allea no autobús, unha cerilla, a caña nocturna no bar, as conversas da parella..etc.Todo é un eloxio do esplendor do cotián, e da arte como forma de relación coa cotidianeidade. Arte e vida coincidentes e formando parte das xentes que viven e aman nunha pequena cidade. Hai que deixarse levar para disfrutar desta obra mestra...
Por certo, o actor protagonista é Adam Driver, o villano de "Star wars: El despertar de la fuerza"

Non escribo máis para non pasarme de frenada e aburrirvos. Penso que queda ben patente o meu entusiasmo por esta película e o por qué me lembrei de Carolina ao vela. Mais estou seguro que si lle dades unha oportunidade e vos enxergades en Paterson deixandovos levar pola súa maxia,  ao día seguinte veredes a rutina da vosa vida no Instituto "con outros ollos". Paterson é unha das escasas e raras películas que si conquistan o teu corazón, o seu arume te acompaña a todas as horas e o ronsel da poesía e o sorriso permanecerá durante os días seguintes contigo. Si queredes deixar aquí a vosa opinión, será benvida...