Semella que nos documentais que estades a realizar nestes días, esqueceusevos a importancia decisiva do encadre e a composición. Antes de darlle ao "REC" pensade ben -unha e outra vez- qué ides encadrar e cómo. Ao mellor -lamentablemente- seguides pensando que non é importante e non será pola miña insistencia repetitiva unha e outra vez na clase. Xustamente é un dos sinais que caracterizan unha mirada profesional e artística ante o refugallo de imaxes que pululan pola rede. Si queredes que as vosas fotos e videos impresionen aos demais, coidade o encadre e a composición. Este vídeo ten como obxectivo recordávolo. Botádelle un ollo, porque de seguro ides aprender algo e ao tempo disfrutar de imaxes belísimas cargadas de sentido.
Amosando publicacións coa etiqueta Composición b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Composición b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 11 de xaneiro de 2017
luns, 9 de xaneiro de 2017
A sabiduria de John Berger
Neste Nadal -a comezos do 2017- faleceu John Berger escritor, crítico de arte y pintor británico a quen eu reverenciaba con admiración. Penso que teño pola casa gran parte dos seus libros, poesía, ensaios e novelas, especialmente a novela "Puerca tierra" e "Modos de ver", texto de referencia básica para a historia da arte e manual obrigatorio nos IES británicos."Ninguen´como él escribiu sobre as artes" (Manolo Rivas). É imposible non quedar fascinado pola intelixencia que destila cada unha das súas obras. Para achegarvos a súa figura, aquí tedes o primeiro capítulo da serie documental da BBC "Modos de ver" que influiu poderosamente na crítica e a historia da arte. Nel tamén se fala do cinema e moitos conceptos dos que falamos en clase. Non o perdades, porque vos sirve tamén para a materia de historia da arte e sobre todo para entender mellor o mundo que vos rodea..
Modos de ver (Ep. 2)
Modos de ver (Ep. 3)
Modos de ver (Ep. 4)
Modos de ver (Ep. 2)
Modos de ver (Ep. 3)
Modos de ver (Ep. 4)
venres, 4 de novembro de 2016
A voltas coa xeometría
Agora que estamos xa nas Vangardas, botádelle un ollo a este video. Vaivos sorprender e divertir. Os pintores cubistas non ían tan descamiñados...
luns, 24 de outubro de 2016
Poesía visual de Tarkovski
Xa citamos varias veces a fascinante capacidade do cineasta ruso Andrei Tarkovsky para chegarnos ao corazón coa súa concepción poética do tempo, un cine que no precisa das palabras, máis ben son imaxes non verbais de emocións. Tarkovsky dixo: "un poeta é aquel que usa unha soa imaxe para expresar unha mensaxe universal", sempre deixa abertas as interpretaciones das súas imaxes para que os espectadores vivan por si mesmos a revelación do significado, as veces mesmo a través da ambigüedade e sempre seguindo o instinto e non a lóxica. . Aquí tedes un video onde podedes ver moitas das súas marabillosas imaxes. Copiade dos mestres
xoves, 20 de outubro de 2016
10 leccións para estudantes de cine
Agora que andades desesperad@s coa práctica do plano secuencia, aí tedes uns conselliños.
Podes ler o artigo completo aquí.
Podes ler o artigo completo aquí.
domingo, 16 de outubro de 2016
Planos según el encuadre
Aquí teneis un par de consejos para poder hacer bien vuestro lumiere y poder hacer explotar el corazón del profesor.
10 CONSEJOS PARA FOTOGRAFOS NOVATOS
Buenas a todos!
Aquí os dejo 10 consejos de la mano de Desiree Delgado, ella es una youtuber que me ha ayudado a conocer de una manera clara y sencilla el mundo de la fotografía.
Os animo a que entréis también a los canales de Señor Zeta y Marcos Alberca, ellos hacen videos de sesiones fotográficas en los que van enseñando trucos de una manera más práctica y divertida.
xoves, 13 de outubro de 2016
¿"Mala" composición?
La composición en una obra audiovisual es muy importante, Manolo nos lo recuerda todo el rato; por eso dejo este vídeo muy interesante sobre la serie "Mr Robot". Observareis que los planos utilizados en la serie rompen la composición convencional. Las reglas están para romperlas, pero siempre con un objetivo. Mr Robot da mucha información y transmite muchos sentimientos (sobretodo ansiedad e isolación, como sus personajes) con su uso de los cuadrantes.
All the love
-Marta
Encadre e cinema
Xa sei que son un pesado coa teima do cinema e pintura, mais resulta fundamental que consideredes moi en serio a importancia do encadre, a composición e a luz nas pezas audovisuais que realicedes para Cultura audiovisual. Gran parte dos cineastas inspíranse na obra pictórica de grandes artistas para logo emocionarnos con imaxes que petan directamente no corazón. Vimos na clase os dous ensaios deste artista e coleccionista de imaxes compulsivo chamado Vugar Efenfi. Aquí vos quedan para que os lembredes:
Film Meets Art from Vugar Efendi on Vimeo.
E ista outra selección:
FILM MEETS ART II from Vugar Efendi on Vimeo.
Film Meets Art from Vugar Efendi on Vimeo.
E ista outra selección:
FILM MEETS ART II from Vugar Efendi on Vimeo.
luns, 10 de outubro de 2016
A luz de Vermeer no cinema
Na serie que estamos a facer “Cine e pintura”, tentamos reforzar a idea de que calquera plano debe considerarse como un exercicio de encadre e composición no que tedes que traballar ao máximo nivel. Hoxe tócalle a quenda a un mestre da luz e do claroscuro: o pintor Johannes Vermeer . Miramos estes días varios exemplos de composición, mais tamén cómo a incidencia da luz natural no decorado e personaxes pode contribuír a xerar atmosferas especiais. Johannes Vermeer exerceu enorme influencia en numerosos cineastas como Dreyer, Kubrick ou Victor Erice entre outros moitos. Para ilustralo, aquí tedes o trailer do filme “La joven de la perla” do director británico Peter Webber. Unha viaxe fascinante pola vida cotián de Holanda no século XVII. O director elabora una fotografía baseada case integramente na totalidade da obra pictórica de Vermeer. Non deixedes de vela. É unha obra de referencia para os interesados na luz, pintura ou cinema.
Nesta secuencia o pintor ensínalle á modelo o principio da cámara oscura.
Nesta secuencia o pintor ensínalle á modelo o principio da cámara oscura.
sábado, 8 de outubro de 2016
Pieter Brueghel no cine
Como parece que gustou o asunto do cine e pintura, aquí tedes outra marabilla que anda pola rede. Trátase da longametraxe integra "El molino y la cruz" do cineasta e artista polaco Lech Majewski sobre un lienzo do inconmensurabel pintor Pieter Brueghel. Catro anos de intenso traballo. Só tedes que darlle ao play para viaxar directamente ao 1564 no Flandes brutalmente ocupado polo moi católico imperio español. Si de verdade te mola a arte, non deixes de vela. É unha fascinante inmersión polos principios, regras e códigos da composición e o encadre. De visión obrigada para os amantes da pintura.
mércores, 5 de outubro de 2016
A mirada de Hopper
Nestes días
andamos a darlle voltas ao concepto de "encadre" e
"composición". É imprescindible
que asumades que un/unha verdadeir@ cineasta debería ter unha mirada persoal é
por veces única, independentemente do tema ou historia que aborde. Esa mirada
poderémola identificar a través de diferentes xeitos e mecanismos, un deles é precisamente o
encadre e a composición nos diferentes planos que compoñen a narración
audiovisual. O cineasta selecciona fragmentos de realidade -peza a peza,
plano a plano, para construír o puzzle narrativo que debe penetrar na cabeza ou
corazón do espectador. Unha inagotable fonte de inspiración para @s cineastas é analizar cómo fan os
clásicos da pintura ou fotografía.
Falamos en clase
dun deles. Trátase de Edward Hopper. Un creador imprescindible que ao longo da súa traxectoria deixou pegada en cineastas tan dispares como Hitchcock, Nicholas Ray, Denis Hopper, Terrence Malick, Coppola, David Lynch, Win Wenders, Sam Mendes ou Almodovar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)