Amosando publicacións coa etiqueta vangardas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vangardas. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de xaneiro de 2017

A sabiduria de John Berger

Neste Nadal -a comezos do 2017-  faleceu John Berger escritor, crítico de arte y pintor británico a quen eu reverenciaba con admiración. Penso que teño pola casa gran parte dos seus libros, poesía, ensaios e novelas, especialmente a novela "Puerca tierra" e "Modos de ver", texto de referencia básica para a historia da arte e manual obrigatorio nos IES británicos."Ninguen´como él escribiu sobre as artes" (Manolo Rivas). É imposible non quedar fascinado pola intelixencia que destila cada unha das súas obras. Para achegarvos a súa figura, aquí tedes o primeiro capítulo da serie documental da BBC "Modos de ver" que influiu poderosamente na crítica e a historia da arte. Nel tamén se fala do cinema e moitos conceptos dos que falamos en clase. Non o perdades, porque vos sirve tamén para a materia de historia da arte e sobre todo para entender mellor o mundo que vos rodea..


Modos de ver (Ep. 2)
Modos de ver (Ep. 3)
Modos de ver (Ep. 4)

"Mimosas" no Duplex

Falamos en clase desta fermosísima película do galego Oliver Laxe, premio da Semana da Crítica no Festival de Cannes 2016.  Non deixedes de ir ata o Duplex de Ferrol nestes días. Sentad@s cómodamente na butaca, “Mimosas é unha viaxe física e espiritual que de seguro non vos deixará indiferentes. Estou seguro que algunhas das súas imaxes marabillosas ficarán rulando pola vosa cabeza durante varios días. É unha oportunidade única para que disfrutedes dun tipo de cine diferente que,  no meu caso, toucoume o corazón e por iso vola recomendo apaixoadamente.



Entrevista con Oliver Laxe: "La fragancia de las Mimosas"

luns, 5 de decembro de 2016

Tim Burton e o expresionismo alemán

Falamos varias veces na clase sobre da pegada das vangardas do primeiro terzo do século XX en moitos filmes, spots e videoclips contemporáneos. Neste video fica patente a débeda do voso admirado Tim Burton co expresionismo alemán: Metropolis (Fritz Lang), Nosferatu ou Fausto (F.W. Murnau) e o Caligari (Robert Wiene).



xoves, 24 de novembro de 2016

Vincent Van Gogh animado

Dende que comezou o curso estamos publicar entradas sobre as relacións entre pintura e cine. Podedes consultalas no tag correspondente "Falamos disto".  Hoxe tócalle o turno ao grandisimo Vincent Van Gogh cun proxecto moi especial que se está a producir coa súa obra, (mirade a web  "Loving Vincent")  Algún día ampliaremos esta nova coas relacións do cinema co gran pintor holandés. 

Para abrir boca recomendaría que non deixedes de ver a fascinante peza "Los Cuervos" da gran película -obra maestra- "Los sueños de Akira Kurosawa", onde un afeccionado á pintura consegue localizar a Van Gogh e falar con él,  para  logo "perderse" entre os seus cadros. (mágoa que non podades vela en pantalla grande ou HD para apreciar as testuras das pinceladas). Adicado @s que escollíchedes "os soños" como tema nos traballos da vangarda. Apreciade a metáfora (visual e sonora) da locomotora e aplícadea á vosa práctica artística.
Yume (Dreams) - Cuervos from abZurdo on Vimeo.




domingo, 20 de novembro de 2016

O surrealismo do cotián

Nestes días @s "artistas con clase" andades a procurar ideas para os vosos traballos, moitas obsesionad@s co extraordinario e o onírico. As veces, o máis inquietante pode agocharse no cotián, como nestas pequenas pezas que abordan a frustración a partires de situacións habituais que todos vivimos algunha vez.
UNSATISFYING from PARALLEL STUDIO on Vimeo.
Ou esta outra peza que pivota sobre o absurdo.
Preposterous - A short about absurdity from Florent Porta on Vimeo.

É mais o menos o que propón o gran director David Lynch (Terciopelo azul, Twin Peaks, Mulholland Drive...)  "para ter boas ideas"

venres, 11 de novembro de 2016

Cine de apropiación

Como parece que vos molou o asunto do "cinema de apropiación", aí vos queda un vídeo para botar unhas gargalladas antes desta terríbel serie de exames que vos agarda na semana vindeira.



Nesta páxina toparedes moitos mais videos similares.

xoves, 10 de novembro de 2016

O "cine-ollo" de Vertov

Aquí tedes un microdocumental para reforzar un pouco mais qué significa o "cine ollo" do gran cineasta ruso Vertov. En Internet toparás con moito material sobre este cineasta fundamental da historia do cine.

 

E se queredes ver outra proeza de Vertov botádelle un ollo á "Entusiasmo", a súa primeira cinta sonora (1931). A pesares do tempo transcorrido, ainda mantén unha mestura de frescura, osadía e vangarda. Daquela, ninguén no mundo estaba a utilizar o son como fai Vertov neste filme.

A primeira curta de ... Tim Burton

O voso admirado Tim Burton tiña 13 anos cando fixo a súa primeira curta "The Island of Doctor Agor" realizada cos seus amigos. Tim era un mozo afeccionado ao cinema, a pintura, e as pelis de monstruos. Mais a súa primeira curta, xa con moitas marcas do seu estilo persoal foi "Vincent" , en 1982 cando tiña 23 anos. Durante dous meses, Burton colaborou con animadores especializados en stop motion para producir esta peza de cinco minutos de duración, filmada en branco e negro, influenciado directamente polas películas alemanas dos anos 1920 (supoño que agora tedes mais doado identificar cales). Que vos preste...

..

martes, 8 de novembro de 2016

El señor Míster Jägger

 Muy buenas gente, os traigo un youtuber que algunos seguramente conozcáis. Se trata de Míster Jägger. Para los que no sepáis de su existencia solo diré que con ver un vídeo suyo comprenderéis que su contenido es bastante peculiar, sin duda uno de los mejores canales de YouTube España a mi parecer.

 Veo interesante que le conozcáis ya que sus vídeos guardan bastante relación con lo que estamos viendo en clase. Como siempre, espero que os guste y os inspire ;)

xoves, 3 de novembro de 2016

Por Encima del Bien y del Mal


 Muy buenas a todos. Me gustaría hacer un pequeño aporte de un videoclip que me ha recordado bastante a la propuesta que se nos ha hecho para la siguiente película que tenemos que hacer. Espero que os inspire.
 Como no podía ser de otra manera tratándose de Roberto Iniesta, el contenido de crítica social en esta obra es muy intenso.
 Por último os invito a que me digáis si sabéis qué obras aparecen recreadas en el vídeo. ;)
Os dejo con el videoclip.

¡Un Saludo!