Amosando publicacións coa etiqueta A primeira curta de. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A primeira curta de. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de decembro de 2016

Youtubeir@s, unha cita para @s artistas con clase

logo_web-011

Youtubeir@s nace coa vontade de conseguir que haxa máis vídeos en galego na Rede. Youtubeir@s busca incitar e facilitar que todas as persoas compartan as súas habilidades e criterios, que poidan ser de interese para outras persoas, a través dunha canle onde miles de millóns de persoas descobren, visualizan e comparten vídeos. Esta é outra ocasión para que briledes con luz propia.
  • Prazo: do 1 de decembro de 2016 ao 28 de abril de 2017.
  • Poden participar todas as persoas maiores de 14 anos que queiran transmitir algún coñecemento e/ou opinar sobre algún tema que lles interese a través de vídeos autoproducidos
  • A duración máxima de cada vídeo presentado é de 5 minutos.
  • Os vídeos teñen que estar realizados en galego.
CATEGORIAS
VÍDEO-FACERMOS > Vídeo-titorial no que se mostran saberes e procesos de elaboración para que outra xente os poida aprender. Por exemplo, unha receita, un truco de maxia, o uso dun programa informático, manualidades…
VÍDEO-OPINARMOS > Vídeo no que, de xeito argumentado, se expón unha opinión ou valoración arredor dun tema de interese. Por exemplo, sobre un libro, un filme, unha serie, sobre temas de actualidade, moda ou tendencias…

CRITERIOS:
Enxeño e creatividade. Valorarase a orixinalidade da peza a nivel visual, sonoro, do propio contido e do xeito de transmitilo.
Calidade técnica da peza tanto a nivel visual como sonoro.
Eficiencia comunicativa do vídeo na transmisión do contido tanto a nivel oral como visual. Valoraranse as dotes interpretativas e o uso dos recursos propios da linguaxe audiovisual e a súa capacidade de incidencia no público.
Calidade lingüística. Valorarase o uso coidado e correcto da lingua en todas as súas variantes dialectais (calidade fonética, léxico, etc

TODA A INFORMACIÓN AQUI


domingo, 27 de novembro de 2016

Premio para Carmen e Marcelo

O sábado 26 outorgáronse os Premios do "Certame galego das artes pola Igualdade de xénero 2016" en San Sadurniño. Os galardóns na categoría xuvenil recaeron en "On line", de Carmen Leira e "Nin o penses", de Marcelo Rodríguez, "artistas con clase". Unha aperta e moitos, moitísimos parabéns. Sentímonos orgullos@s de vos...Na fotografia, Carmen e Marcelo acompañados polas grandes cineastas galegas Sandra Sánchez e Xisela Franco.

E aquí van os filmes premiados



domingo, 20 de novembro de 2016

O surrealismo do cotián

Nestes días @s "artistas con clase" andades a procurar ideas para os vosos traballos, moitas obsesionad@s co extraordinario e o onírico. As veces, o máis inquietante pode agocharse no cotián, como nestas pequenas pezas que abordan a frustración a partires de situacións habituais que todos vivimos algunha vez.
UNSATISFYING from PARALLEL STUDIO on Vimeo.
Ou esta outra peza que pivota sobre o absurdo.
Preposterous - A short about absurdity from Florent Porta on Vimeo.

É mais o menos o que propón o gran director David Lynch (Terciopelo azul, Twin Peaks, Mulholland Drive...)  "para ter boas ideas"

xoves, 10 de novembro de 2016

A primeira curta de ... Tim Burton

O voso admirado Tim Burton tiña 13 anos cando fixo a súa primeira curta "The Island of Doctor Agor" realizada cos seus amigos. Tim era un mozo afeccionado ao cinema, a pintura, e as pelis de monstruos. Mais a súa primeira curta, xa con moitas marcas do seu estilo persoal foi "Vincent" , en 1982 cando tiña 23 anos. Durante dous meses, Burton colaborou con animadores especializados en stop motion para producir esta peza de cinco minutos de duración, filmada en branco e negro, influenciado directamente polas películas alemanas dos anos 1920 (supoño que agora tedes mais doado identificar cales). Que vos preste...

..

martes, 1 de novembro de 2016

Qué filmo?,

É a pregunta reiterada que facedes unha e outra vez.  O pánico diante da folla en branco.... Qué escribo?, qué fotografio?, qué filmo?. como fago o meu Lumiere ou o plano secuencia?....Adicado aos que pensades que non tedes nada que aportar e dubidades da vosa capacidade creativa. Todos tedes algo co que traballar se escoitades ao voso corazón e vos lanzades sen medo á piscina. Como neste relato, eu insisto "No tienes más que hacer una pequeña marca y observar a donde te lleva", porque "todos vos sodes capit@ns.."

luns, 31 de outubro de 2016

A primeira curta de...Martin Scorsese

Imos comezar unha serie semanal coas primeiras curtametraxes dos grandes directores do cinema. Todos tiveron que bregar cos principios da linguaxe cinematográfica antes de surfear libremente pola narrativa audiovisual. Comezamos por un clásico en activo, Martin Scorsese. (Taxi driver, Toro salvaje, Uno de los nuestros,El aviador, Infiltrados, La Isla Siniestra, La invención de Hugo, El lobo de Wall Street, etc). Tiña 20 anos cando dirixiu esta peza de 9': "What's a Nice Girl Like You Doing in a Place Like This?" cando comezaba a estudar na New York University. Pódense ver xa algúns toques do seu estilo persoal como o uso de voz en off, montaxe fragmentada e vibrante e fluídos movimientos de cámara.  Vimos en clase un plano secuencia de "Uno de los nuestros".
Animádevos a buscar e publicar aquí as primeiras curtas dos vosos directores favoritos.