Neste Nadal -a comezos do 2017- faleceu John Berger escritor, crítico de arte y pintor británico a quen eu reverenciaba con admiración. Penso que teño pola casa gran parte dos seus libros, poesía, ensaios e novelas, especialmente a novela "Puerca tierra" e "Modos de ver", texto de referencia básica para a historia da arte e manual obrigatorio nos IES británicos."Ninguen´como él escribiu sobre as artes" (Manolo Rivas). É imposible non quedar fascinado pola intelixencia que destila cada unha das súas obras. Para achegarvos a súa figura, aquí tedes o primeiro capítulo da serie documental da BBC "Modos de ver" que influiu poderosamente na crítica e a historia da arte. Nel tamén se fala do cinema e moitos conceptos dos que falamos en clase. Non o perdades, porque vos sirve tamén para a materia de historia da arte e sobre todo para entender mellor o mundo que vos rodea..
Modos de ver (Ep. 2)
Modos de ver (Ep. 3)
Modos de ver (Ep. 4)
Amosando publicacións coa etiqueta Pintura e cine b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pintura e cine b>. Amosar todas as publicacións
luns, 9 de xaneiro de 2017
xoves, 24 de novembro de 2016
Vincent Van Gogh animado
Dende que comezou o curso estamos publicar entradas sobre as relacións entre pintura e cine. Podedes consultalas no tag correspondente "Falamos disto". Hoxe tócalle o turno ao grandisimo Vincent Van Gogh cun proxecto moi especial que se está a producir coa súa obra, (mirade a web "Loving Vincent") Algún día ampliaremos esta nova coas relacións do cinema co gran pintor holandés.
Para abrir boca recomendaría que non deixedes de ver a fascinante peza "Los Cuervos" da gran película -obra maestra- "Los sueños de Akira Kurosawa", onde un afeccionado á pintura consegue localizar a Van Gogh e falar con él, para logo "perderse" entre os seus cadros. (mágoa que non podades vela en pantalla grande ou HD para apreciar as testuras das pinceladas). Adicado @s que escollíchedes "os soños" como tema nos traballos da vangarda. Apreciade a metáfora (visual e sonora) da locomotora e aplícadea á vosa práctica artística.
Yume (Dreams) - Cuervos from abZurdo on Vimeo.

luns, 21 de novembro de 2016
Reinterpretación animada do "Xardín das delicias"
"El Bosco" está considerado como un dos pintores máis extraordinarios da historia da arte. Un pioneiro e inspirador do de grandes artistas ao longo do tempo. Aquí tedes unha reinterpretación animada do seu mítico e misterioso cadro "El Jardín de las delicias" pintado arredor de ¡¡ 1501, fai 515 anos !!.
Non perdades a ocasión de velo e dádelle ao play. Vai especialmente adicada a tant@s adolescentes agobiad@a e estresad@s que deambulan como zombies polo Instituto nestes días mentras procuran o seu lugar no mundo.
PARADISE - A contemporary interpretation of The Garden of Earthly Delights from STUDIO SMACK on Vimeo.

mércores, 16 de novembro de 2016
Pinturas no cinema
Aquí tedes unha curiosa selección de fragmentos de filmes no que as obras de arte sirven para caracterizar persoaxes ou situacións da trama dramática. Que vos preste...
Frames Within Frames: How Paintings Matter in Movies from Fandor Keyframe on Vimeo.
Aqui tedes unha explicación dos cadros e dos filmes que saen no video
Frames Within Frames: How Paintings Matter in Movies from Fandor Keyframe on Vimeo.
Aqui tedes unha explicación dos cadros e dos filmes que saen no video
venres, 4 de novembro de 2016
A voltas coa xeometría
Agora que estamos xa nas Vangardas, botádelle un ollo a este video. Vaivos sorprender e divertir. Os pintores cubistas non ían tan descamiñados...
xoves, 3 de novembro de 2016
Por Encima del Bien y del Mal
Muy buenas a todos. Me gustaría hacer un pequeño aporte de un videoclip que me ha recordado bastante a la propuesta que se nos ha hecho para la siguiente película que tenemos que hacer. Espero que os inspire.
Como no podía ser de otra manera tratándose de Roberto Iniesta, el contenido de crítica social en esta obra es muy intenso.
Por último os invito a que me digáis si sabéis qué obras aparecen recreadas en el vídeo. ;)
Os dejo con el videoclip.

¡Un Saludo!
xoves, 13 de outubro de 2016
Encadre e cinema
Xa sei que son un pesado coa teima do cinema e pintura, mais resulta fundamental que consideredes moi en serio a importancia do encadre, a composición e a luz nas pezas audovisuais que realicedes para Cultura audiovisual. Gran parte dos cineastas inspíranse na obra pictórica de grandes artistas para logo emocionarnos con imaxes que petan directamente no corazón. Vimos na clase os dous ensaios deste artista e coleccionista de imaxes compulsivo chamado Vugar Efenfi. Aquí vos quedan para que os lembredes:
Film Meets Art from Vugar Efendi on Vimeo.
E ista outra selección:
FILM MEETS ART II from Vugar Efendi on Vimeo.
Film Meets Art from Vugar Efendi on Vimeo.
E ista outra selección:
FILM MEETS ART II from Vugar Efendi on Vimeo.
luns, 10 de outubro de 2016
A luz de Vermeer no cinema
Na serie que estamos a facer “Cine e pintura”, tentamos reforzar a idea de que calquera plano debe considerarse como un exercicio de encadre e composición no que tedes que traballar ao máximo nivel. Hoxe tócalle a quenda a un mestre da luz e do claroscuro: o pintor Johannes Vermeer . Miramos estes días varios exemplos de composición, mais tamén cómo a incidencia da luz natural no decorado e personaxes pode contribuír a xerar atmosferas especiais. Johannes Vermeer exerceu enorme influencia en numerosos cineastas como Dreyer, Kubrick ou Victor Erice entre outros moitos. Para ilustralo, aquí tedes o trailer do filme “La joven de la perla” do director británico Peter Webber. Unha viaxe fascinante pola vida cotián de Holanda no século XVII. O director elabora una fotografía baseada case integramente na totalidade da obra pictórica de Vermeer. Non deixedes de vela. É unha obra de referencia para os interesados na luz, pintura ou cinema.
Nesta secuencia o pintor ensínalle á modelo o principio da cámara oscura.
Nesta secuencia o pintor ensínalle á modelo o principio da cámara oscura.
sábado, 8 de outubro de 2016
Pieter Brueghel no cine
Como parece que gustou o asunto do cine e pintura, aquí tedes outra marabilla que anda pola rede. Trátase da longametraxe integra "El molino y la cruz" do cineasta e artista polaco Lech Majewski sobre un lienzo do inconmensurabel pintor Pieter Brueghel. Catro anos de intenso traballo. Só tedes que darlle ao play para viaxar directamente ao 1564 no Flandes brutalmente ocupado polo moi católico imperio español. Si de verdade te mola a arte, non deixes de vela. É unha fascinante inmersión polos principios, regras e códigos da composición e o encadre. De visión obrigada para os amantes da pintura.
mércores, 5 de outubro de 2016
A mirada de Hopper
Nestes días
andamos a darlle voltas ao concepto de "encadre" e
"composición". É imprescindible
que asumades que un/unha verdadeir@ cineasta debería ter unha mirada persoal é
por veces única, independentemente do tema ou historia que aborde. Esa mirada
poderémola identificar a través de diferentes xeitos e mecanismos, un deles é precisamente o
encadre e a composición nos diferentes planos que compoñen a narración
audiovisual. O cineasta selecciona fragmentos de realidade -peza a peza,
plano a plano, para construír o puzzle narrativo que debe penetrar na cabeza ou
corazón do espectador. Unha inagotable fonte de inspiración para @s cineastas é analizar cómo fan os
clásicos da pintura ou fotografía.
Falamos en clase
dun deles. Trátase de Edward Hopper. Un creador imprescindible que ao longo da súa traxectoria deixou pegada en cineastas tan dispares como Hitchcock, Nicholas Ray, Denis Hopper, Terrence Malick, Coppola, David Lynch, Win Wenders, Sam Mendes ou Almodovar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)