Amosando publicacións coa etiqueta Almodovar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Almodovar. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de outubro de 2016

A mirada de Hopper

Nestes días andamos a darlle voltas ao concepto de "encadre" e "composición".  É imprescindible que asumades que un/unha verdadeir@ cineasta debería ter unha mirada persoal é por veces única, independentemente do tema ou historia que aborde. Esa mirada poderémola identificar a través de diferentes xeitos e mecanismos, un deles é precisamente o encadre e a composición nos diferentes planos que compoñen a narración audiovisual. O cineasta selecciona fragmentos de realidade -peza a peza, plano a plano, para construír o puzzle narrativo que debe penetrar na cabeza ou corazón do espectador. Unha inagotable fonte de inspiración para @s cineastas é analizar cómo fan os clásicos da pintura ou fotografía.
Falamos en clase dun deles. Trátase de Edward Hopper. Un creador imprescindible que ao longo da súa traxectoria deixou pegada en cineastas tan dispares como Hitchcock, Nicholas Ray, Denis Hopper, Terrence Malick, Coppola, David Lynch, Win Wenders, Sam Mendes ou Almodovar.