Amosando publicacións coa etiqueta animación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación. Amosar todas as publicacións

luns, 5 de decembro de 2016

Tim Burton e o expresionismo alemán

Falamos varias veces na clase sobre da pegada das vangardas do primeiro terzo do século XX en moitos filmes, spots e videoclips contemporáneos. Neste video fica patente a débeda do voso admirado Tim Burton co expresionismo alemán: Metropolis (Fritz Lang), Nosferatu ou Fausto (F.W. Murnau) e o Caligari (Robert Wiene).



xoves, 24 de novembro de 2016

Vincent Van Gogh animado

Dende que comezou o curso estamos publicar entradas sobre as relacións entre pintura e cine. Podedes consultalas no tag correspondente "Falamos disto".  Hoxe tócalle o turno ao grandisimo Vincent Van Gogh cun proxecto moi especial que se está a producir coa súa obra, (mirade a web  "Loving Vincent")  Algún día ampliaremos esta nova coas relacións do cinema co gran pintor holandés. 

Para abrir boca recomendaría que non deixedes de ver a fascinante peza "Los Cuervos" da gran película -obra maestra- "Los sueños de Akira Kurosawa", onde un afeccionado á pintura consegue localizar a Van Gogh e falar con él,  para  logo "perderse" entre os seus cadros. (mágoa que non podades vela en pantalla grande ou HD para apreciar as testuras das pinceladas). Adicado @s que escollíchedes "os soños" como tema nos traballos da vangarda. Apreciade a metáfora (visual e sonora) da locomotora e aplícadea á vosa práctica artística.
Yume (Dreams) - Cuervos from abZurdo on Vimeo.




luns, 21 de novembro de 2016

Reinterpretación animada do "Xardín das delicias"

"El Bosco" está considerado como un dos pintores máis extraordinarios da historia da arte. Un pioneiro e inspirador do de grandes artistas ao longo do tempo. Aquí tedes unha reinterpretación animada do seu mítico e misterioso cadro "El Jardín de las delicias" pintado arredor de ¡¡ 1501, fai 515 anos !!.
Non perdades a ocasión de velo e dádelle ao play. Vai especialmente adicada a tant@s adolescentes agobiad@a e estresad@s que deambulan como zombies polo Instituto nestes días mentras procuran o seu lugar no mundo.  

PARADISE - A contemporary interpretation of The Garden of Earthly Delights from STUDIO SMACK on Vimeo.

domingo, 20 de novembro de 2016

O surrealismo do cotián

Nestes días @s "artistas con clase" andades a procurar ideas para os vosos traballos, moitas obsesionad@s co extraordinario e o onírico. As veces, o máis inquietante pode agocharse no cotián, como nestas pequenas pezas que abordan a frustración a partires de situacións habituais que todos vivimos algunha vez.
UNSATISFYING from PARALLEL STUDIO on Vimeo.
Ou esta outra peza que pivota sobre o absurdo.
Preposterous - A short about absurdity from Florent Porta on Vimeo.

É mais o menos o que propón o gran director David Lynch (Terciopelo azul, Twin Peaks, Mulholland Drive...)  "para ter boas ideas"

sábado, 12 de novembro de 2016

venres, 11 de novembro de 2016

Cine de apropiación

Como parece que vos molou o asunto do "cinema de apropiación", aí vos queda un vídeo para botar unhas gargalladas antes desta terríbel serie de exames que vos agarda na semana vindeira.



Nesta páxina toparedes moitos mais videos similares.

xoves, 10 de novembro de 2016

A primeira curta de ... Tim Burton

O voso admirado Tim Burton tiña 13 anos cando fixo a súa primeira curta "The Island of Doctor Agor" realizada cos seus amigos. Tim era un mozo afeccionado ao cinema, a pintura, e as pelis de monstruos. Mais a súa primeira curta, xa con moitas marcas do seu estilo persoal foi "Vincent" , en 1982 cando tiña 23 anos. Durante dous meses, Burton colaborou con animadores especializados en stop motion para producir esta peza de cinco minutos de duración, filmada en branco e negro, influenciado directamente polas películas alemanas dos anos 1920 (supoño que agora tedes mais doado identificar cales). Que vos preste...

..

venres, 4 de novembro de 2016

A voltas coa xeometría

Agora que estamos xa nas Vangardas, botádelle un ollo a este video. Vaivos sorprender e divertir. Os pintores cubistas non ían tan descamiñados...