Falta ben pouco para que remate o curso. Agora xa non teredes moito tempo libre para finalizar esta carreira de obstáculos que é segundo de bacharelato. Mais aviso, fáltavos aínda o peor, mais ou menos como nesta memorable e incrible carreira do grande Buster Keaton na obra mestra "Sete ocasións". E de paso memorizades ben un dos conceptos que poden caer na selectividade: Slapstick, (slap (golpe ou labazada) e stick (pau), un tipo de humor físico típico da comedia americana, especialmente exitosa no cinema mudo.
Amosando publicacións coa etiqueta historia do cinema b>. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de marzo de 2017
xoves, 23 de febreiro de 2017
"Paterson", deliciosa obra mestra
Para Carolina Sanmartín e a Eterna e bella distimia
Ao longo da miña vida teño visto moitas, moitas películas de toda clase e condición. A meirande parte delas responde a esquemas industriais, producidas baixo códigos que non se desvían moito do que denominamos cine mainstream, do que estamos a falar en clase nestes días no tema "De Griffith á Spielberg". Un, case sempre ten a sensación do "deja vu", con filmes predicíbeis, de rápido consumo e esquecemento inmediato. Sen embargo, hai días no que "algo" consigue racharnos o corazón e nos reconcilia co cinema como xeito de representación artística. Onte vin "Paterson", última creación dun dos meus directores de referencia, Jim Jarmusch. Un director-músico-poeta que afirmaba que "prefería rodar unha película sobre un home que saca a pasear ao seu can que unha sobre o emperador da China". E resulta evidente que para calquera espectador alleo ao cinema, ou que viva só no binomio Hollywood-palomitas, débelle resultar moi aburrido ver como en moitos dos filmes de Jarmusch "non pasa nada", o mesmo aburrimento e incomprensión dos que miran os cadros de Picasso, Van Gogh, Miró ou Matisse afirmando "que non saben pintar", porque entenden que a arte pictórica só e a pintura realista de Velázquez. Mais coma sempre, todo depende da mirada. "Hai mais luz da que entra pola ventana", que dicia Chejov.
"Paterson" é unha verdadeira ledicia, unha obra mestra marabillosa que irá crecendo na memoria segundo pase o tempo. Dentro de 30 anos ninguén lembrará "La La Land", mentres Paterson será un clásico. A película consigue que a beleza da realidade brille como un astro na espantosa repetición de vulgares buratos negros nos que se está a converter o cinema contemporáneo. Poesía en imaxes, Hipnótica e extraordinaria. Adopta en si mesma unha forma poética, non tanto na expresión visual como na súa estrutura narrativa. Así pois, non lle busquemos a historia o catalizador de apertura, puntos de xiro ou as pinzas do guión clásico, porque está nas antípodas do cine institucional e do cinema de palomitas. Como si fose un poema de sete estrofas, o filme amosa e vida diaria do protagonista, condutor de autobús e poeta, durante os sete días dunha semana. O ritmo interno -(iso que está prohibido dicir, "película lenta")- ven marcado pola cadencia da rutina; dentro dun mesmo patrón xeral repetitivo, como a música minimalista, que celebra a beleza da realidade, da observación calmada das pequenas cousas, que ao final son as máis fermosas e extraordinarias. As pausas, os tempos mortos, o reloxo, o can malencarado, unha conversa allea no autobús, unha cerilla, a caña nocturna no bar, as conversas da parella..etc.Todo é un eloxio do esplendor do cotián, e da arte como forma de relación coa cotidianeidade. Arte e vida coincidentes e formando parte das xentes que viven e aman nunha pequena cidade. Hai que deixarse levar para disfrutar desta obra mestra...
Por certo, o actor protagonista é Adam Driver, o villano de "Star wars: El despertar de la fuerza"

Non escribo máis para non pasarme de frenada e aburrirvos. Penso que queda ben patente o meu entusiasmo por esta película e o por qué me lembrei de Carolina ao vela. Mais estou seguro que si lle dades unha oportunidade e vos enxergades en Paterson deixandovos levar pola súa maxia, ao día seguinte veredes a rutina da vosa vida no Instituto "con outros ollos". Paterson é unha das escasas e raras películas que si conquistan o teu corazón, o seu arume te acompaña a todas as horas e o ronsel da poesía e o sorriso permanecerá durante os días seguintes contigo. Si queredes deixar aquí a vosa opinión, será benvida...
luns, 20 de febreiro de 2017
A mirada de Pedro Costa
A estas alturas do curso, xa falamos dabondo do que podería ser -ou non-o cinema nos tempos que vivimos. En poucas ocasións podo identificarme mais cun cineasta que coa mirada e a lucidez do grandísimo director portugués Pedro Costa. Non perdades esta entrevista. Leédea para aprender aquí.
luns, 5 de decembro de 2016
Tim Burton e o expresionismo alemán
Falamos varias veces na clase sobre da pegada das vangardas do primeiro terzo do século XX en moitos filmes, spots e videoclips contemporáneos. Neste video fica patente a débeda do voso admirado Tim Burton co expresionismo alemán: Metropolis (Fritz Lang), Nosferatu ou Fausto (F.W. Murnau) e o Caligari (Robert Wiene).
martes, 29 de novembro de 2016
O traballo do "Foley"
Nestes días andamos á voltas co asunto do son e o espazo sonoro. A moit@s mólavos o incrible traballo dos técnicos en "efectos sala", que en homaxe ao seu pioneiro Jack Donovan Foley chámanse tamén "efectos foley" Aquí tedes unha presentación en Prezi moi completa sobre este oficio.
Asemade, recomendo que non perdades estes dous videos que de seguro vanvos parecer curiosos e moi interesantes e divertidos.
O primeiro vai sobre o traballo dun técnico en efectos sala:
The Secret World of Foley from Short of the Week on Vimeo.
E xa dun xeito mais práctico aquí tedes un video sobre os efectos sala da película "El perfume".

xoves, 10 de novembro de 2016
O "cine-ollo" de Vertov
Aquí tedes un microdocumental para reforzar un pouco mais qué significa o "cine ollo" do gran cineasta ruso Vertov. En Internet toparás con moito material sobre este cineasta fundamental da historia do cine.
E se queredes ver outra proeza de Vertov botádelle un ollo á "Entusiasmo", a súa primeira cinta sonora (1931). A pesares do tempo transcorrido, ainda mantén unha mestura de frescura, osadía e vangarda. Daquela, ninguén no mundo estaba a utilizar o son como fai Vertov neste filme.

martes, 18 de outubro de 2016
As mellores películas da vosa vida
Si lle preguntades ao Sr Google polo asunto toparedes moitas e diferentes listaxes que agrupan as mellores películas do século XXI -16 últimos anos- (é dicir, da vosa vida enteira, dende que nacíchedes) . Aquí tedes "a lista" elaborada por críticos cinematográficos da revista Blow-up. e outra elaborada por críticos para a BBC. Estou seguro que moitos títulos nin vos soan de nada, porque como na vida, todo depende do punto de vista de cada un e as clasificacións sempre son relativas e subxectivas. A verdade é, que case todas as películas -agás excepcións- non teñen nada que ver co cinema de Hollywood. Mais ben son deses filmes que moit@s considerades "raritos", ainda que estamos poñendo alguns fragmentos deles en clase. O filme nº 29 da primeira listaxe é dun director galego do que xa falamos o outro día.
UNHA IDEA: non estaría mal que comezarades a facer unha colección no voso ordenador, do mesmo xeito que algúns fan cos Pokemon "hasta tenerlos a todos". De seguro que teríades unha interesante selección do mellor cinema producido dende o voso nacemento. Estos son os primeiros 10 títulos para "cazar" nas dúas listaxes:
10 primeiras da listaxe de Blow-up.
1. Holy Motors (2012, Leos Carax)
2. Kill Bill (vol. 1 & 2) (2003-2004, Quentin Tarantino)
3. Inland Empire (2006, David Lynch)
4. En el camino, de cuando en cuando, vislumbré breves momentos de belleza (2000, Jonas Mekas)
5. Tío Boonmee recuerda sus vidas pasadas (2010, Apichatpong Weerasethakul)
6. Mulholland Drive (2001, David Lynch)
7. Decasia (2002, Bill Morrison)
8. El arca rusa (2002, Alexandr Sokurov)
9. Los espigadores y la espigadora (2000, Agnès Varda)
10. La comuna (París 1871) (2000, Peter Watkins)

Podes seguir lendo aquí o resto de películas.
As 10 primeiras da listaxe da BBC:
1- ‘Mulholland Drive’ (David Lynch, 2001)
2- ‘Deseando amar’ (In the Mood for Love, Wong Kar-wai, 2000)
3- ‘Pozos de ambición’ (There Will Be Blood, Paul Thomas Anderson, 2007)
4- ‘El viaje de Chihiro’ (Spirited Away, Hayao Miyazaki, 2001)
5- ‘Boyhood (Momentos de una vida)’ (Richard Linklater, 2014)
6- ‘¡Olvídate de mí! (Eternal Sunshine of the Spotless Mind, Michel Gondry, 2004)
7- ‘El árbol de la vida’ (The Tree of Life, Terrence Malick, 2011)
8- ‘Yi Yi’ (Edward Yang, 2000)
9- ‘Nader y Simin, una separación’ (A Separation, Asghar Farhadi, 2011)
10- ‘No es país para viejos’ (No Country for Old Men, Joel & Ethan Coen, 2007)

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)