Estos días estamos hablando del sonido en clase y me he acordado de un documental que vi hace un tiempo. Es sobre la música, o BSO (Banda Sonora Original), de League of Legends. No es una película, sino un videojuego, pero el proceso de creación de música es casi idéntico. Trata la parte creativa más que la técnica. Me parece muy interesante, sobretodo si hay otrx como yo amante de las BSO.
Podéis empezar en el minuto 4:40 más o menos para saltaros la parte más "de videojuego", e incluso hasta el 17:08 si preferís ver lo más orquestal.
Y por último dejo este vídeo que sólo pude encontrar en inglés, pero creo que se entiende bien. En él se habla de cómo se crearon los sonidos de Interstellar, que por cierto, tiene una de mis bandas sonoras favoritas de todos los tiempos. Es interesante ya que hablan de los sonidos del espacio y de las naves.
Nestes días andamos á voltas co asunto do son e o espazo sonoro. A moit@s mólavos o incrible traballo dos técnicos en "efectos sala", que en homaxe ao seu pioneiro Jack Donovan Foley chámanse tamén "efectos foley" Aquí tedes unha presentación en Prezi moi completa sobre este oficio.
Asemade, recomendo que non perdades estes dous videos que de seguro vanvos parecer curiosos e moi interesantes e divertidos.
O primeiro vai sobre o traballo dun técnico en efectos sala:
O sábado 26 outorgáronse os Premios do "Certame galego das artes pola Igualdade de xénero 2016" en San Sadurniño. Os galardóns na categoría xuvenil recaeron en "On line", de Carmen Leira e "Nin o penses", de Marcelo Rodríguez, "artistas con clase". Unha aperta e moitos, moitísimos parabéns. Sentímonos orgullos@s de vos...Na fotografia, Carmen e Marcelo acompañados polas grandes cineastas galegas Sandra Sánchez e Xisela Franco.
Co asunto da charla de Gabriel Tizón fóiseme o santo ao ceo e non vos recomendei algo para esta fin de semana. Agora que estades mais relaxad@s despois desta estresante semana de exames, sería bo que forades ao cine, un lugar perfecto para deixarse levar ao quentiño da sala oscura, mentres zampas uns poucos flocos de millo e bebes un refresco.
O asunto é que hoxe venres 25 estrenouse en Ferrol “Sixicia”, unha película galega deIgnacio Vilar –a quen teredes ocasión de coñecer durante o curso, quizais en xaneiro- . Invítovos a vela precisamente porque o protagonista da historia é un técnico “cazador de sons” pola Costa da Morte. O filme require ser visionado nunha sala cun bó son, porque o espazo sonoro é a clave e centro da narración. Eu aínda non a vin e non podo falar dela, mais de seguro que pillades algúns trucos e ideas para o vindeiro traballo da clase que, como ben sabedes , xira arredor do espazo sonoro. Así pois, non podo facer unha mellor recomendación para axudarvos a escoller tema.
Por favor, ide ao cine xa, porque tal e como están as cousas, ao mellor non aguanta moito en salas e a quitan deseguida. Está no DUPLEX e mais no ODEON. Tamén me faría ilusión que a comentarades aquí. Eu pola miña parte comprométome a que as vosas opinións cheguen ate o director, quen por certo tamén é da miña terra, Valdeorras e ademais colega dende hai moitos anos. Ahí vai o trailer:
"Durante una hora y media, mientras acompañamos a la pareja en la búsqueda de sonidos que se encuentran en sus parajes, los espectadores tenemos la oportunidad de escucharlo todo como si estuviéramos ahí mismo, formando parte del paisaje y recorriéndolo con ellos. Vilar incluso prescinde casi totalmente de una banda sonora para extraer toda la fuerza de un sonido ambiental envolvente, dando un énfasis muy característico y desde luego evocador al viento, el oleaje o incluso a las conversaciones que suceden en los pueblos que visitamos de la mano de Xiao y Olalla". (Filma
ffinity) Sixicia en Paris Unha pelicula con corazón Mapa de los sonidos deGalicia
Estos días de remate do "trimestre", Manolo falounos sobre o noso seguinte traballo. Que será sobre o son.Con este audio recordoume a dita tarefa.
Recomendovos escoitalo con auriculares.
Hola!! Hace una semana mirando una red social vi un vídeo estrenado en febrero que se trataba del primer corto de animacición hecho con tatuajes; con muchísimo esfuerzo y colaboraciones detrás de la pantalla. Me pareció una idea muy interesante para compartirla con todos vosotros. Aquí os dejo el vídeo:
Posiblemente xa coñecedes este videoclip imposible de Ok Go. Trátase dun plano secuencia de 4 segundos, mais que en realidade "chega a durar" 4 minutos. Mirade:
Dende que comezou o curso estamos publicar entradas sobre as relacións entre pintura e cine. Podedes consultalas no tag correspondente "Falamos disto". Hoxe tócalle o turno ao grandisimo Vincent Van Gogh cun proxecto moi especial que se está a producir coa súa obra, (mirade a web "Loving Vincent") Algún día ampliaremos esta nova coas relacións do cinema co gran pintor holandés.
Para abrir boca recomendaría que non deixedes de ver a fascinante peza "Los Cuervos" da gran película -obra maestra- "Los sueños de Akira Kurosawa", onde un afeccionado á pintura consegue localizar a Van Gogh e falar con él, para logo "perderse" entre os seus cadros. (mágoa que non podades vela en pantalla grande ou HD para apreciar as testuras das pinceladas). Adicado @s que escollíchedes "os soños" como tema nos traballos da vangarda. Apreciade a metáfora (visual e sonora) da locomotora e aplícadea á vosa práctica artística. Yume (Dreams) - Cuervos from abZurdo on Vimeo.
"El Bosco" está considerado como un dos pintores máis extraordinarios da historia da arte. Un pioneiro e inspirador do de grandes artistas ao longo do tempo. Aquí tedes unha reinterpretación animada do seu mítico e misterioso cadro "El Jardín de las delicias" pintado arredor de ¡¡ 1501, fai 515 anos !!.
Non perdades a ocasión de velo e dádelle ao play. Vai especialmente adicada a tant@s adolescentes agobiad@a e estresad@s que deambulan como zombies polo Instituto nestes días mentras procuran o seu lugar no mundo.
Nestes días @s "artistas con clase" andades a procurar ideas para os vosos traballos, moitas obsesionad@s co extraordinario e o onírico. As veces, o máis inquietante pode agocharse no cotián, como nestas pequenas pezas que abordan a frustración a partires de situacións habituais que todos vivimos algunha vez.
UNSATISFYING from PARALLEL STUDIO on Vimeo.
Ou esta outra peza que pivota sobre o absurdo.
Preposterous - A short about absurdity from Florent Porta on Vimeo.
É mais o menos o que propón o gran director David Lynch (Terciopelo azul, Twin Peaks, Mulholland Drive...) "para ter boas ideas"
Aquí tedes unha curiosa selección de fragmentos de filmes no que as obras de arte sirven para caracterizar persoaxes ou situacións da trama dramática. Que vos preste...
Como parece que vos molou o asunto do "cinema de apropiación", aí vos queda un vídeo para botar unhas gargalladas antes desta terríbel serie de exames que vos agarda na semana vindeira.
Aquí tedes un microdocumental para reforzar un pouco mais qué significa o "cine ollo"do gran cineasta ruso Vertov. En Internet toparás con moito material sobre este cineasta fundamental da historia do cine.
E se queredes ver outra proeza de Vertov botádelle un ollo á "Entusiasmo", a súa primeira cinta sonora (1931). A pesares do tempo transcorrido, ainda mantén unha mestura de frescura, osadía e vangarda. Daquela, ninguén no mundo estaba a utilizar o son como fai Vertov neste filme.
O voso admirado Tim Burton tiña 13 anos cando fixo a súa primeira curta "The Island of Doctor Agor" realizada cos seus amigos. Tim era un mozo afeccionado ao cinema, a pintura, e as pelis de monstruos. Mais a súa primeira curta, xa con moitas marcas do seu estilo persoal foi "Vincent" , en 1982 cando tiña 23 anos. Durante dous meses, Burton colaborou con animadores especializados en stop motion para producir esta peza de cinco minutos de duración, filmada en branco e negro, influenciado directamente polas películas alemanas dos anos 1920 (supoño que agora tedes mais doado identificar cales). Que vos preste...
Muy buenas gente, os traigo un youtuber que algunos seguramente conozcáis. Se trata de Míster Jägger. Para los que no sepáis de su existencia solo diré que con ver un vídeo suyo comprenderéis que su contenido es bastante peculiar, sin duda uno de los mejores canales de YouTube España a mi parecer.
Veo interesante que le conozcáis ya que sus vídeos guardan bastante relación con lo que estamos viendo en clase. Como siempre, espero que os guste y os inspire ;)
Muy buenas a todos. Me gustaría hacer un pequeño aporte de un videoclip que me ha recordado bastante a la propuesta que se nos ha hecho para la siguiente película que tenemos que hacer. Espero que os inspire.
Como no podía ser de otra manera tratándose de Roberto Iniesta, el contenido de crítica social en esta obra es muy intenso.
Por último os invito a que me digáis si sabéis qué obras aparecen recreadas en el vídeo. ;)
Os dejo con el videoclip.
A Concellaría de Igualdade de San Sadurniño convoca un concurso de vídeos orixinais e inéditos que aborden en cinco minutos como máximo temas ou historias sobre a igualdade entre mulleres e homes. Hai seis premios, dous para a categoría infantil, dous para a xuvenil e outros dous para a adulta.
O prazo para presentar as obras estará aberto desde o 2 ata o 16 de novembro, e deberán entregarse nun soporte físico no Concello ou ben enviarse ao correo veronica.rodriguez@sansadurnino.gal mediante unha ligazón de descarga.
Trátase de vencellar a creación artística coa difusión dunha mensaxe a prol da igualdade real entre mulleres e homes. O tema deberá axustarse á expresión da igualdade entre mulleres e homes desde a óptica persoal dos creadores e creadoras, que en ningún caso poderán facer curtametraxes de máis de 5 minutos de duración. O estilo é libre, xa que se admitirán documentais, ficción e animación. Iso si, sempre material orixinal, inédito e que non fose premiado con anterioridade en ningún outro certame. Haberá tres categorías: infantil (de 10 a 14 anos), xuvenil (de 15 a 18 anos) e adulta (de máis de 18 anos).
Quedan poucos días, mais @s artistas podedes con todo. Podes consultar as bases completas aquí. Veña, animádevos. Posiblemente teñan poucas pezas presentadas. Para vos é unha oportunidade...
É a pregunta reiterada que facedes unha e outra vez. O pánico diante da folla en branco.... Qué escribo?, qué fotografio?, qué filmo?. como fago o meu Lumiere ou o plano secuencia?....Adicado aos que pensades que non tedes nada que aportar e dubidades da vosa capacidade creativa. Todos tedes algo co que traballar se escoitades ao voso corazón e vos lanzades sen medo á piscina. Como neste relato, eu insisto "No tienes más que hacer una pequeña marca y observar a donde te lleva", porque "todos vos sodes capit@ns.."