xoves, 23 de febreiro de 2017

"Paterson", deliciosa obra mestra

Para Carolina Sanmartín e a Eterna e bella distimia
Ao longo da miña vida teño visto moitas, moitas películas de toda clase e condición. A meirande parte delas responde a esquemas industriais, producidas baixo códigos que non se desvían moito do que denominamos cine mainstream, do que estamos a falar en clase nestes días no tema "De Griffith á Spielberg". Un, case sempre ten a sensación do "deja vu", con filmes predicíbeis, de rápido consumo e esquecemento inmediato. Sen embargo, hai días no que "algo" consigue racharnos o corazón e nos reconcilia co cinema como xeito de representación artística. Onte vin "Paterson", última creación dun dos meus directores de referencia, Jim Jarmusch.  Un director-músico-poeta que afirmaba que "prefería rodar unha película sobre un home que saca a pasear ao seu can que unha sobre o emperador da China". E resulta evidente que para calquera espectador alleo ao cinema, ou que viva só no binomio Hollywood-palomitas, débelle resultar moi aburrido ver como en moitos dos filmes de Jarmusch  "non pasa nada", o mesmo aburrimento e incomprensión dos que miran os cadros de Picasso, Van Gogh, Miró ou Matisse afirmando "que non saben pintar", porque entenden que a arte pictórica só e a pintura realista de Velázquez. Mais coma sempre, todo depende da mirada. "Hai mais luz da que entra pola ventana", que dicia Chejov.



"Paterson" é unha verdadeira ledicia, unha obra mestra marabillosa que irá crecendo na memoria segundo pase o tempo. Dentro de 30 anos ninguén lembrará "La La Land", mentres Paterson será un clásico. A película consigue que a beleza da realidade brille como un astro na espantosa repetición de vulgares buratos negros nos que se está a converter o cinema contemporáneo. Poesía en imaxes, Hipnótica e extraordinaria. Adopta en si mesma unha forma poética, non tanto na expresión visual como na súa estrutura narrativa. Así pois, non lle busquemos a historia o catalizador de apertura, puntos de xiro ou as pinzas do guión clásico, porque está nas antípodas do cine institucional e do cinema de palomitas. Como si fose un poema de sete estrofas, o filme amosa e vida diaria do protagonista, condutor de autobús e poeta, durante os sete días dunha semana. O ritmo interno -(iso que está prohibido dicir, "película lenta")- ven marcado pola cadencia da rutina; dentro dun mesmo patrón xeral repetitivo, como a música minimalista, que celebra a beleza da realidade, da observación calmada das pequenas cousas, que ao final son as máis fermosas e extraordinarias. As pausas, os tempos mortos, o reloxo, o can malencarado, unha conversa allea no autobús, unha cerilla, a caña nocturna no bar, as conversas da parella..etc.Todo é un eloxio do esplendor do cotián, e da arte como forma de relación coa cotidianeidade. Arte e vida coincidentes e formando parte das xentes que viven e aman nunha pequena cidade. Hai que deixarse levar para disfrutar desta obra mestra...
Por certo, o actor protagonista é Adam Driver, o villano de "Star wars: El despertar de la fuerza"

Non escribo máis para non pasarme de frenada e aburrirvos. Penso que queda ben patente o meu entusiasmo por esta película e o por qué me lembrei de Carolina ao vela. Mais estou seguro que si lle dades unha oportunidade e vos enxergades en Paterson deixandovos levar pola súa maxia,  ao día seguinte veredes a rutina da vosa vida no Instituto "con outros ollos". Paterson é unha das escasas e raras películas que si conquistan o teu corazón, o seu arume te acompaña a todas as horas e o ronsel da poesía e o sorriso permanecerá durante os días seguintes contigo. Si queredes deixar aquí a vosa opinión, será benvida...

luns, 20 de febreiro de 2017

Erros na continuidade

Esta entrada  só é para animarvos a poñer aquí agrupacións de secuencias que teñan erros de continuidade ou de raccord no eixe, dirección, vestuario, atrezzo ou miradas... Hai miles de videos en Internet que abordan a cuestión. Veña, que cada bó exemplo que poñades terá un premio.
Hai vai un ao chou:

A mirada de Pedro Costa

A estas alturas do curso, xa falamos dabondo do que podería ser -ou non-o cinema  nos tempos que vivimos. En poucas ocasións podo identificarme mais cun cineasta que coa mirada e a lucidez do grandísimo director portugués Pedro Costa. Non perdades esta entrevista. Leédea para aprender aquí.


xoves, 9 de febreiro de 2017

CÓMO GRABAR DIÁLOGOS

Mientras estaba en casa viendo vídeos en You Tube, encontré este, el cual puede ser útil para crear los cortos de este trabajo:


luns, 23 de xaneiro de 2017

Una pequeña recomendación

Siguiendo el tema de clase sobre el guión, llevo siguiendo este canal desde hace un par de meses: Lessons from the Screenplay.

Suele hablar y analizar los guiones de películas muy conocidas, y sobretodo señalando lo que las hace funcionar. Los que no entendais el inglés hablado podéis poner subtítulos tanto en español como en inglés (los activáis al lado de la ruedita de ajustes). Es muy interesante, os lo recomiendo enormemente. Dejo aquí uno de los vídeos que más me gustó:




Además, también recomiendo estos otros canales Now You See It y Every Frame a Painting que también sigo desde hace un tiempo. 


xoves, 12 de xaneiro de 2017

Para Manolo

Hemos visto la película "Mimosas" de Oliver Laxe.
Estábamos en nuestras butacas cuando de repente vimos que en la entrada de la sala que había un chico alto y con barba bastabte característico, y nos dimos cuenta de que era el, Oliver. Al final de la película entró en la sala y nos habló sobre ella y sobre cómo la rodó, sus obstáculos y demás. Cuando terminó la charla, fuimos a junto de el y le dijimos que eramos alumnas de Manolo, lo curioso es que ya lo sabía.
Manolo, muchos besos y saludos de su parte!!!
PD: nos ha gustado mucho la película.