martes, 29 de novembro de 2016

O traballo do "Foley"

Nestes días andamos á voltas co asunto do son e o espazo sonoro.  A moit@s  mólavos o incrible traballo dos técnicos en "efectos sala", que en homaxe ao seu pioneiro Jack Donovan Foley chámanse tamén "efectos foley" Aquí tedes unha presentación en Prezi moi completa sobre este oficio
Asemade, recomendo que non perdades estes dous videos que de seguro vanvos parecer curiosos e moi interesantes e divertidos.
O primeiro vai sobre o traballo dun técnico en efectos sala:

The Secret World of Foley from Short of the Week on Vimeo.
E xa dun xeito mais práctico aquí tedes un video sobre os efectos sala da película "El perfume".

Ningún comentario:

Publicar un comentario