xoves, 24 de novembro de 2016

Vincent Van Gogh animado

Dende que comezou o curso estamos publicar entradas sobre as relacións entre pintura e cine. Podedes consultalas no tag correspondente "Falamos disto".  Hoxe tócalle o turno ao grandisimo Vincent Van Gogh cun proxecto moi especial que se está a producir coa súa obra, (mirade a web  "Loving Vincent")  Algún día ampliaremos esta nova coas relacións do cinema co gran pintor holandés. 

Para abrir boca recomendaría que non deixedes de ver a fascinante peza "Los Cuervos" da gran película -obra maestra- "Los sueños de Akira Kurosawa", onde un afeccionado á pintura consegue localizar a Van Gogh e falar con él,  para  logo "perderse" entre os seus cadros. (mágoa que non podades vela en pantalla grande ou HD para apreciar as testuras das pinceladas). Adicado @s que escollíchedes "os soños" como tema nos traballos da vangarda. Apreciade a metáfora (visual e sonora) da locomotora e aplícadea á vosa práctica artística.
Yume (Dreams) - Cuervos from abZurdo on Vimeo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario