xoves, 3 de novembro de 2016

Unha oportunidade para @s artistas da clase

A Concellaría de Igualdade de San Sadurniño convoca un concurso de vídeos orixinais e inéditos que aborden en cinco minutos como máximo temas ou historias sobre a igualdade entre mulleres e homes. Hai seis premios, dous para a categoría infantil, dous para a xuvenil e outros dous para a adulta.

O prazo para presentar as obras estará aberto desde o 2 ata o 16 de novembro, e deberán entregarse nun soporte físico no Concello ou ben enviarse ao correo veronica.rodriguez@sansadurnino.gal mediante unha ligazón de descarga.

Trátase de vencellar a creación artística coa difusión dunha mensaxe a prol da igualdade real entre mulleres e homes. O tema deberá axustarse á expresión da igualdade entre mulleres e homes desde a óptica persoal dos creadores e creadoras, que en ningún caso poderán facer curtametraxes de máis de 5 minutos de duración. O estilo é libre, xa que se admitirán documentais, ficción e animación. Iso si, sempre material orixinal, inédito e que non fose premiado con anterioridade en ningún outro certame. Haberá tres categorías: infantil (de 10 a 14 anos), xuvenil (de 15 a 18 anos) e adulta (de máis de 18 anos).

Quedan poucos días, mais @s artistas podedes con todo. Podes consultar as bases completas aquíVeña, animádevos. Posiblemente teñan poucas pezas presentadas. Para vos é unha oportunidade...

Ningún comentario:

Publicar un comentario