venres, 25 de novembro de 2016

Recomendación para a fin de semana

Co asunto da charla de Gabriel Tizón fóiseme o santo ao ceo e non vos recomendei algo para esta fin de semana. Agora que estades mais relaxad@s despois desta estresante semana de exames, sería bo que forades ao cine, un  lugar perfecto para deixarse levar ao quentiño da sala oscura, mentres zampas uns poucos flocos de millo e bebes un refresco.
O asunto é que hoxe venres 25 estrenouse en Ferrol Sixicia, unha película galega de Ignacio Vilar –a quen teredes ocasión de coñecer durante o curso, quizais en xaneiro- . Invítovos a vela precisamente porque o protagonista da historia é un técnico “cazador de sons” pola Costa da Morte. O filme require ser visionado nunha sala cun bó son, porque o espazo sonoro é a clave e centro da narración. Eu aínda non a vin e non podo falar dela, mais de seguro que pillades algúns trucos e ideas para o vindeiro traballo da clase que, como ben sabedes , xira arredor do espazo sonoro. Así pois, non podo facer unha mellor recomendación para axudarvos a escoller tema.
 Por favor, ide ao cine xa, porque tal e como están as cousas, ao mellor non aguanta moito en salas e a quitan deseguida. Está no DUPLEX e mais no ODEON. Tamén me faría ilusión que a comentarades aquí. Eu pola miña parte comprométome a que as vosas opinións cheguen ate o director, quen por certo tamén é da miña terra, Valdeorras e ademais colega dende hai moitos anos. Ahí vai o trailer:


"Durante una hora y media, mientras acompañamos a la pareja en la búsqueda de sonidos que se encuentran en sus parajes, los espectadores tenemos la oportunidad de escucharlo todo como si estuviéramos ahí mismo, formando parte del paisaje y recorriéndolo con ellos. Vilar incluso prescinde casi totalmente de una banda sonora para extraer toda la fuerza de un sonido ambiental envolvente, dando un énfasis muy característico y desde luego evocador al viento, el oleaje o incluso a las conversaciones que suceden en los pueblos que visitamos de la mano de Xiao y Olalla". (Filma
ffinity)
 
Sixicia en Paris
Unha pelicula con corazón
Mapa de los sonidos deGalicia

1 comentario:

  1. Sinceramente é penoso que non lle dean publicidade a temas de este tipo, agradécense Manolo

    ResponderEliminar