xoves, 1 de decembro de 2016

Compoñer música para o cinema

Aquí tedes un magnífico documental, "La gran partitura" , producido pola BBC inglesa sobre as relacións entre a música e cinema. Neste primeiro capítulo Neil Brand amosa cómo compositores de orixe europea como Max Steiner e Erich Wolfgang Korngold aportaron novas ideas para obras mestras de Hollywood como King Kong e The Adventures of Robin Hood. Ou cómo Bernard Hermann, aportou un son mais oscuro e moderno a algunhas das mellores películas do cine, coas súas partituras para Cidadán Kane, Psicosis ou  Taxi Driver. Tamén inclúense no docu outros cineastas e compositores como Martin Scorsese e Hans Zimmer, compositor de éxitos de taquilla como Gladiator e Origen


E non perdades a terceira parte coa mirada posta na musica electrónica  dende os primeiros usos de curiosos instrumentos como o Theremin. o Trautonium e os primeiros sintetizadores en filmes como "Los pájaros",  ata a traxectoria de compositores música electrónica como Vangelis e Clint Mansell.

Ningún comentario:

Publicar un comentario