domingo, 11 de decembro de 2016

Paisaxes sonoros

Como andades na procura de sons, aquí vos deixo tres experiencias colaborativas de rexistro de sons. Cliquea nas imaxes para visitalas.  A primeira  desenvólvese en Barcelona e tenta gravar os espazos sonoros dunha gran cidade.
A segunda faino con todo tipo de espazos de Euskadi:

E a terceira é o proxecto frustado - por falta de apoio oficial (así nos vai)- de inventariar os sons de Galicia:

E unha recomendación. Escoitade algunha paisaxe sonora gravada e posproducida polo mellor técnico de son na natureza de España, Carlos de Hita
Aquí tedes unha colección moi estimulante.

Alguén se anima a rexistrar os sons do Ferrol?

Ningún comentario:

Publicar un comentario