venres, 16 de decembro de 2016

Youtubeir@s, unha cita para @s artistas con clase

logo_web-011

Youtubeir@s nace coa vontade de conseguir que haxa máis vídeos en galego na Rede. Youtubeir@s busca incitar e facilitar que todas as persoas compartan as súas habilidades e criterios, que poidan ser de interese para outras persoas, a través dunha canle onde miles de millóns de persoas descobren, visualizan e comparten vídeos. Esta é outra ocasión para que briledes con luz propia.
  • Prazo: do 1 de decembro de 2016 ao 28 de abril de 2017.
  • Poden participar todas as persoas maiores de 14 anos que queiran transmitir algún coñecemento e/ou opinar sobre algún tema que lles interese a través de vídeos autoproducidos
  • A duración máxima de cada vídeo presentado é de 5 minutos.
  • Os vídeos teñen que estar realizados en galego.
CATEGORIAS
VÍDEO-FACERMOS > Vídeo-titorial no que se mostran saberes e procesos de elaboración para que outra xente os poida aprender. Por exemplo, unha receita, un truco de maxia, o uso dun programa informático, manualidades…
VÍDEO-OPINARMOS > Vídeo no que, de xeito argumentado, se expón unha opinión ou valoración arredor dun tema de interese. Por exemplo, sobre un libro, un filme, unha serie, sobre temas de actualidade, moda ou tendencias…

CRITERIOS:
Enxeño e creatividade. Valorarase a orixinalidade da peza a nivel visual, sonoro, do propio contido e do xeito de transmitilo.
Calidade técnica da peza tanto a nivel visual como sonoro.
Eficiencia comunicativa do vídeo na transmisión do contido tanto a nivel oral como visual. Valoraranse as dotes interpretativas e o uso dos recursos propios da linguaxe audiovisual e a súa capacidade de incidencia no público.
Calidade lingüística. Valorarase o uso coidado e correcto da lingua en todas as súas variantes dialectais (calidade fonética, léxico, etc

TODA A INFORMACIÓN AQUI


Ningún comentario:

Publicar un comentario