luns, 31 de outubro de 2016

A primeira curta de...Martin Scorsese

Imos comezar unha serie semanal coas primeiras curtametraxes dos grandes directores do cinema. Todos tiveron que bregar cos principios da linguaxe cinematográfica antes de surfear libremente pola narrativa audiovisual. Comezamos por un clásico en activo, Martin Scorsese. (Taxi driver, Toro salvaje, Uno de los nuestros,El aviador, Infiltrados, La Isla Siniestra, La invención de Hugo, El lobo de Wall Street, etc). Tiña 20 anos cando dirixiu esta peza de 9': "What's a Nice Girl Like You Doing in a Place Like This?" cando comezaba a estudar na New York University. Pódense ver xa algúns toques do seu estilo persoal como o uso de voz en off, montaxe fragmentada e vibrante e fluídos movimientos de cámara.  Vimos en clase un plano secuencia de "Uno de los nuestros".
Animádevos a buscar e publicar aquí as primeiras curtas dos vosos directores favoritos.

martes, 25 de outubro de 2016

Black Mirror: espello no que mirarse

Xa recomendamos en clase esta magnífica serie. Nestes días estreouse a 3ª temporada. É moi dificil non engancharse pola calidade e orixinalidade do seus guións, a brillantez na posta en escea e sobre todo polos temas abordados en cada un dos capítulos autoconclusivos. Nestes días, non se fala doutra cousa na crítica especializada. Non a perdades. Do mellorciño  que se pode ver na TV na fin de semana do Samain

luns, 24 de outubro de 2016

Poesía visual de Tarkovski

Xa citamos varias veces a fascinante capacidade do cineasta ruso Andrei Tarkovsky para chegarnos ao corazón coa súa concepción poética do tempo, un cine que no precisa das palabras, máis ben son imaxes non verbais de emocións. Tarkovsky dixo: "un poeta é aquel que usa unha soa imaxe para expresar unha mensaxe universal", sempre deixa abertas as interpretaciones das súas imaxes para que os espectadores vivan por si mesmos a revelación do significado, as veces mesmo a través da ambigüedade e sempre seguindo o instinto e non a lóxica. . Aquí tedes un video onde podedes ver moitas das súas marabillosas imaxes. Copiade dos mestres

xoves, 20 de outubro de 2016

La cámara en los videojuegos

Sí, esto es otro artículo sobre videojuegos.

Desde hace varios años se le da gran importancia al apartado gráfico de los videojuegos, pero aún queda otro asunto por resolver, y es el ángulo y tipo de cámara. 

La cámara en los juegos nos muestra una particular visión de su entorno gráfico, lo malo es que la elección de dicha cámara puede basarse en su utilidad o espectacularidad. Me refiero a que para un determinado juego una cámara trasera alejada del personaje puede ser muy útil a la hora de jugar, ya que nos permitirá tener una visión más amplia del entorno y un mayor control en definitiva. Sin embargo dicha cámara nos mostrará todo desde un poco lejos, de forma que no podremos apreciar bien los detalles gráficos que el juego presenta. A veces, una cámara “útil” rivaliza con una más llamativa o vistosa.

A cada tipo de juego le conviene más una cámara que otra, y estos son algunos ejemplos:

10 leccións para estudantes de cine

Agora que andades desesperad@s coa práctica do plano secuencia, aí tedes uns conselliños.
 Podes ler o artigo completo aquí.

Birdman

Esta pelicula fue rodada por Alejandro González Iñárritu y es una pelicula formada por un plano secuencia es bastante actual, pues fue rodada en 2014. Para el director y todo el equipo fue bastante dificil grabarla toda del tiron pues algunas escenas fueron rodadas en Times Square y mucha de la gente que aparecia no eran extrasAqui os dejo algunas escenas

O primeiro videoclip en plano secuencia

Como parece que vos mola o asunto dos planos secuencia e a música, un dos primeiros videoclips en plano secuencia data de 1965 sobre dunha canción do flamante premio nobel de literatura 2016 Bob Dylan.
Aquí a tedes.
E aquí tedes un artigo sobre o tema con varios exemplos que podedes ver.