luns, 10 de outubro de 2016

A luz de Vermeer no cinema

Na serie que estamos a facer “Cine e pintura”, tentamos reforzar a idea de que calquera plano debe considerarse como un exercicio de encadre e composición no que tedes que traballar ao máximo nivel. Hoxe tócalle a quenda a un mestre da luz e do claroscuro: o pintor Johannes Vermeer . Miramos estes días varios exemplos de composición, mais tamén cómo a incidencia da luz natural no decorado e personaxes pode contribuír a xerar atmosferas especiais. Johannes Vermeer exerceu enorme influencia en numerosos cineastas como Dreyer, Kubrick ou Victor Erice entre outros moitos. Para ilustralo, aquí tedes o trailer do filme “La joven de la perla” do director británico Peter Webber. Unha viaxe fascinante pola vida cotián de Holanda no século XVII. O director elabora una fotografía baseada case integramente na totalidade da obra pictórica de Vermeer. Non deixedes de vela. É unha obra de referencia para os interesados na luz, pintura ou cinema.

Nesta secuencia o pintor ensínalle á modelo o principio da cámara oscura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario