martes, 18 de outubro de 2016

As mellores películas da vosa vida

Si lle preguntades ao Sr Google polo asunto toparedes moitas e diferentes listaxes que agrupan as mellores películas do século XXI -16 últimos anos- (é dicir, da vosa vida enteira, dende que nacíchedes) . Aquí tedes "a lista" elaborada por críticos cinematográficos da revista Blow-up. e outra elaborada por críticos para a BBC. Estou seguro que moitos títulos nin vos soan de nada, porque como na vida, todo depende do punto de vista de cada un e as clasificacións sempre son relativas e subxectivas. A verdade é, que case todas as películas -agás excepcións-  non teñen nada que ver  co  cinema de Hollywood.  Mais ben son deses filmes que moit@s considerades "raritos", ainda que estamos poñendo alguns fragmentos deles en clase. O filme nº 29  da  primeira listaxe é dun director galego do que xa falamos o outro día.
UNHA IDEA: non estaría mal que comezarades a facer unha colección no voso ordenador, do mesmo xeito que algúns fan cos Pokemon "hasta tenerlos a todos". De seguro que teríades unha interesante selección do mellor cinema producido dende o voso nacemento. Estos son os primeiros 10 títulos para "cazar" nas dúas listaxes:
10 primeiras da listaxe de Blow-up.
1. Holy Motors (2012, Leos Carax)
2. Kill Bill (vol. 1 & 2) (2003-2004, Quentin Tarantino)
3. Inland Empire (2006, David Lynch)
4. En el camino, de cuando en cuando, vislumbré breves momentos de belleza (2000, Jonas Mekas)
5. Tío Boonmee recuerda sus vidas pasadas (2010, Apichatpong Weerasethakul)
6. Mulholland Drive (2001, David Lynch)
7. Decasia (2002, Bill Morrison)
8. El arca rusa (2002, Alexandr Sokurov)
9. Los espigadores y la espigadora (2000, Agnès Varda)
10. La comuna (París 1871) (2000, Peter Watkins)
Podes seguir lendo aquí o resto de películas.

As 10 primeiras da listaxe da BBC:
1- ‘Mulholland Drive’ (David Lynch, 2001)
2- ‘Deseando amar’ (In the Mood for Love, Wong Kar-wai, 2000)
3- ‘Pozos de ambición’ (There Will Be Blood, Paul Thomas Anderson, 2007)
4- ‘El viaje de Chihiro’ (Spirited Away, Hayao Miyazaki, 2001)
5- ‘Boyhood (Momentos de una vida)’ (Richard Linklater, 2014)
6- ‘¡Olvídate de mí! (Eternal Sunshine of the Spotless Mind, Michel Gondry, 2004)
7- ‘El árbol de la vida’ (The Tree of Life, Terrence Malick, 2011)
8- ‘Yi Yi’ (Edward Yang, 2000)
9- ‘Nader y Simin, una separación’ (A Separation, Asghar Farhadi, 2011)
10- ‘No es país para viejos’ (No Country for Old Men, Joel & Ethan Coen, 2007)

Ningún comentario:

Publicar un comentario