luns, 24 de outubro de 2016

Poesía visual de Tarkovski

Xa citamos varias veces a fascinante capacidade do cineasta ruso Andrei Tarkovsky para chegarnos ao corazón coa súa concepción poética do tempo, un cine que no precisa das palabras, máis ben son imaxes non verbais de emocións. Tarkovsky dixo: "un poeta é aquel que usa unha soa imaxe para expresar unha mensaxe universal", sempre deixa abertas as interpretaciones das súas imaxes para que os espectadores vivan por si mesmos a revelación do significado, as veces mesmo a través da ambigüedade e sempre seguindo o instinto e non a lóxica. . Aquí tedes un video onde podedes ver moitas das súas marabillosas imaxes. Copiade dos mestres

Ningún comentario:

Publicar un comentario