domingo, 2 de outubro de 2016

Benvid@as á "Artistas con clase"

Ola a tod@s, ao fin estreamos o blog de "Artistas con clase". Non está nada mal o nome que escollemos. Ten unha certa retranca e aporta información sobre o que calquera lector ou lectora debería topar aquí: a participación libre e creativa dun fato de mozas e mozos que utilizan a imaxe artística como xeito de expresión. Estades tod@s invitad@s a participar non só coa creación de contidos, senón tamén en mellorar a aparencia, engadir algún logo ou deseño orixinal, facer comentarios e recomendar filmes, vídeos, libros, cómics, poesía ou música.  Estaría moi ben que este blog fose un expoñente do que anda polos miolos dun grupo de artistas emerxentes. Eu tamén participarei en pé de igualdade, coas miñas opinión e aportacións que desexo sexan de utilidade

Ningún comentario:

Publicar un comentario