sábado, 8 de outubro de 2016

Pieter Brueghel no cine

Como parece que gustou o asunto do cine e pintura, aquí tedes outra marabilla que anda pola rede. Trátase da longametraxe integra "El molino y la cruz" do cineasta e artista polaco Lech Majewski sobre un lienzo do inconmensurabel pintor Pieter Brueghel. Catro anos de intenso traballo. Só tedes que darlle ao play para viaxar directamente ao 1564 no Flandes brutalmente ocupado polo moi católico imperio español. Si de verdade te mola a arte, non deixes de vela. É unha fascinante inmersión  polos principios, regras e códigos da composición e o encadre. De visión obrigada para os amantes da pintura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario